O CEIP Insua Bermúdez celebra unha xornada de portas abertas
TerraChaXa
A sesión terá lugar de 15.30 a 16.15 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados de persoal do mesmo

22 Feb 2025
O CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba celebrará o martes 25 de febreiro unha xornada de portas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.
A sesión terá lugar de 15.30 a 16.15 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados de persoal do mesmo, quen tamén se encargará de presentar o seu proxecto educativo.