O CEIP Terra Chá organiza unhas xornadas de portas abertas

TerraChaXa
O Ceip Terra Chá de Vilalba celebrará os días 23, 24, 27 e 28 de febreiro unhas xornadas de postas abertas antes da matriculación.
xornadas portas abertas CEIP terra Cha portada
xornadas portas abertas CEIP terra Cha portada
19 Feb 2023

O Ceip Terra Chá de Vilalba celebrará os días 23, 24, 27 e 28 de febreiro unhas xornadas de postas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.

A sesión terá lugar entre as 10.00 e as 14.00 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados do director, quen tamén se encargará de presentar o proxecto educativo do centro, así como as peculiaridades do centro, que conta con comedor de transporte.

Non será necesario pedir cita previa.

xornadas portas abertas CEIP terra Cha
0.18150401115417