O Ceip Terra Chá rediseña o centro para un curso escolar marcado polo covid-19

TerraChaXa
Xa falta menos para que se inicie o curso escolar 2020/21 e os colexios apuran o tempo para preparar o centro ás novas normas de convivencia escolar, normas que veñen marcadas a grandes rasgos pola Xunta de Galicia pero que obrigan ao centro a elaborar o seu protocolo de actuación.
WhatsApp Image 2020 08 21 at 14.33.37
23 Ago 2020

Xa falta menos para que se inicie o curso escolar 2020/21 e os colexios apuran o tempo para preparar o centro ás novas normas de convivencia escolar, normas que veñen marcadas a grandes rasgos pola Xunta de Galicia pero que obrigan ao centro a elaborar o seu protocolo de actuación.

O Ceip Terra Chá de Vilalba é un dos primeiros en ter feitos os deberes que implica á volta ao cole, pendente de novas normativas que poidan cambiar antes do inicio do curso, marcado para o 10 de setembro e que podría verse afectado pola evolución da pandemia en Galicia, que como no resto de España, continúa en aumento.

Así, sen saber aínda se haberá inicio nas datas previstas ou mesmo que haberá que volver a modificar a situación, botámoslle un ollo ao protocolo deste centro vilalbés que xa o fixo público para a consulta dos pais.

"O plan de organización do centro témolo pendente aínda porque as normativas seguen a cambiar e estamos á esperar as últimas novidades", explica o director do colexio José Manuel López Barrio. Así, que haberá que esperar uns días para saber como quedan marcadas as zonas de entrada e de saída, a distribución, o transporte, a limpeza, etc.

A primeira medida que se porá en marcha será a separación dos pequenos de infantil dos de primaria xa que os primeiros non teñen obriga de usar máscaras e os outros si. Por iso, como explica o director, "os pequenos non sairán das súas aulas exclusivas nin para o ir ao baño, xa que teñen os seus propios aseos dentro da aula trala obra que se realizou neste tempo". No comedor e nos recreos non compartirán espazo cos maiores.

O reparto de máscaras e a ampliación do servizo de limpeza e outra das medidas de obrigado cumprimento que xa está contemplada no novo plan de traballo pero quizais a mellora máis profundo vén no comedor.

Nas aulas o sistema de reparto de mesas tamén foi modificado, algo fácil de facer no seu caso ao ser un centro que non completa a capacidade da aula. Os de infantil terán os seus pupitres separados un metro ao lado do seu compañeiro evitando interactuar de fronte.

Esa mesma situación vivirase en primaria procurando manter a mesma distancia tanto no caso de estar sós na súa aula como cando comparten espazo con outros grupos.

COMEDOR

Para evitar situacións de contaxio, este ano haberá dúas quendas para o uso do comedor, tendo prioridade os de infantil, que terán o seu propio espazo non comedor.

Tras un proceso de ventilación darase paso aos de primaria, que contarán co seu propio mobilario e menaxe diferenciado.

Pero quizais o máis complicado foi conseguir unha distribución que conseguira manter a distancia de seguridade entre os pequenos aproveitando o espazo.

Segundo explica o director, os máis pequenos contarán con mesas alongadas comendo cada dous nos extremos e sen ter a ningúen ao lado. Esta primeira proba implica que os 26 pequenos de infantil que estarán xuntos no comedor estarían separados 1,70 metros cada un de frente e tamén terán separación cos compañeiros.

Para os compañeiros de primaria, a distribución é diferente, xa que se distribúen por grupos de idade. En Primaria son cinco alongadas para 13 alumnos de primeiro e segundo. Os seis de treceiro e os cinco de cuarto, así como os oito de quinto e os seis de sexto comerán na súa propia mesa sempre separados ao lado por un medio pero sen ter a ninguén de frente.

De todos os xeitos, se esta distribución obriga a facer cambios, utilizarán mesas individuais ou "poderíamos chegar a poner paneis entre eles, aínda que non sexa operativo nin para os nenos nin para o servizo de limpeza e persoal de atención", engade José Manuel.

WhatsApp Image 2020 08 21 at 14.33.36
0.14007997512817