O CEIP Veleiro Docampo abre as inscricións para a súa ocioteca de tardes

LugoXa | TerraChaXa
Funcionará de luns a venres, de 15.30 a 17.30 horas, co obxectivo de facilitar ás familias a conciliación familiar durante o curso escolar
Ocioteca-Burela-Xogueteando--1
30 Aug 2026

O CEIP Veleiro Docampo prepara o inicio dun novo curso escolar coa posta en marcha da súa Ocioteca de tardes, un servizo dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estará operativo desde o 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, durante os días lectivos.

A ocioteca funcionará de luns a venres, de 15.30 a 17.30 horas, co obxectivo de facilitar ás familias a conciliación familiar durante o curso escolar.

As familias interesadas poderán solicitar o servizo por trimestres, indicando nas inscricións os períodos nos que o precisan, ou tamén por días soltos, sempre en función da dispoñibilidade de prazas. Desde o centro sinalan que as prazas son limitadas, polo que se dará prioridade á orde de inscrición e ao tempo de uso que precise cada neno ou nena.

As inscricións xa están abertas e manteranse durante o curso sempre que existan prazas dispoñibles, de maneira que as familias poderán solicitar o servizo tamén unha vez iniciado o ano escolar se o necesitan.

Para obter máis información e consultar todos os detalles da Ocioteca, as familias poden acceder á páxina web da ANPA Veleiro Docampo.

0.15585207939148