O Centro Comercial Aberto de Foz entregou a bandeira ao equipo de baloncesto

TerraChaXa | AMariñaXa
O Centro Comercial Aberto de Foz entregou unha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz.
18 12 26   Actividades de nadal
21 Jan 2019

O Centro Comercial Aberto de Foz entregou unha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Foi antes do encontro que os enfrontou en Marzán ao Allariz.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e serviu para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto participaron o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.

0.15179705619812