O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín que se desenvolverá no comercio do 8 ao 17 deste mes de febreiro e que inclúe o sorteo de regalos.
meat 640721_960_720
7 Feb 2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza un ano máis a súa campaña de San Valentín que se desenvolverá no comercio do 8 ao 17 deste mes de febreiro e que inclúe o sorteo de regalos. Tamén celebrarase a 9ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar do 14 a 17.
As persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a ACIA Foz, dende este venres, 8 de febreiro, ata o día 17 entrarán no sorteo de 8 premios especiais. Estes agasallos consistirán en diferentes tratamentos estéticos, ofrecidos pola clínica Maas+Saúde. Trátase de 3 sesións de depilación do pack ingles e axilas, 3 sesións de depilación de medias pernas, 1 pack de masaxe reductor-presoterapia e 1 de hixiene facial con ácido salicílico. O sorteo será ofrecido en directo por Radio Foz o 19 de febreiro.
O CCA focense organiza tamén a 9ª edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, os días 14, 15, 16 e 17 deste mes. Un total de 60 locais ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Tamén haberá doces afrodisíacos que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán igualmente ao prezo de 1´5 euros. Por outra banda, uns vinte establecementos hostaleiros terán menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas.
Desde o Centro Comercial Aberto de Foz animan “a disfrutar do día dos namorados facendo as compras no noso comercio e a celebralo coa 9ª Festa Afrodisíaca, un clásico destas datas na nosa vila”.

0.15379691123962