O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba inicia o venres o programa de Nadal

TerraChaXa
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba conta este nadal cunha serie de actos que darán comezo este venres 23 co tradicional sorteo dunha cesta de Nadal con caviar galego, roscón de Vilalba e queixo de San Simón.
22 Dec 2022

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba conta este nadal cunha serie de actos que darán comezo este venres 23 co tradicional sorteo dunha cesta de Nadal con caviar galego, roscón de Vilalba e queixo de San Simón. Cita que será ás 22.00 horas.

Completarase a programación cunha festa infantil, o día 30, de 16.00 a 19.00 horas, con música, xogos, inchables, espectáculos de maxia e merenda con chocolate con churros.

Finalizarán o ano o 31 con outra festa ás 1.30, amenizada por Malditos Pendejos, e que incluirá cotillón e chocolate con churros. Se o tempo acompaña terá lugar na terraza.

0.18645596504211