O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba suspende o programa de Nadal

TerraChaXa
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba conta este nadal cunha serie de concertos que darán comezo o día 18.
centro recreativo vilalba cancelado
23 Dec 2021

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba decidiu suspender o seu programa cultural debido á alta incidencia da covid. Esta decisión tomouse de acordo cos socios, xa que moitos deles xa comunicaron a súa intención de non asistir a estes actos debido á virulencia da pandemia nestas datas.

A programación deu comezo o día 18 con entrada de balde co obxectivo de conmemorar os 40 anos da inauguración do edificio, localizado ao carón da casa da casa consistorial.

O primeiro foi o concerto a cargo do grupo rock vasco Yao! Estaba previsto tamén hoxe o sorteo dunha cesta de Nadal con caviar galego, roscón de Vilalba e queixo de San Simón ás 20.30 horas.

A Esmuvi (Escola de Música de Vilalba) tiña previsto subir ao escenario o día 29, ás 20.00 horas, para ofrecer un recital inspirado nestas datas.

Completábase a programación cunha festa infantil, o día 30, de 16.00 a 19.00 horas; e outra de fin de ano ás 1.30, amenizada polo dúo Venus e que incluía cotillón e chocolate con churros.

suspendido nadal centro recreativo vilalba
0.068773984909058