O Centro Cultural e Recreativo organiza unhas xornadas micolóxicas

TerraChaXa
O Centro cultural e recreativo de Vilalba celebra a próxima fin de semana unhas xornadas micolóxicas que combinan unha saída con un obradoiro.
xIX Exposicion de Cogomelos da Sociedade Micoloxica Lucus 1
7 Nov 2021

O Centro cultural e recreativo de Vilalba celebra a próxima fin de semana unhas xornadas micolóxicas que combinan unha saída con un obradoiro.

A programación dividirase en dúas xornadas, comezando o sábado cunha saída ao monte, entre 9.00 e 16.00 horas para a recollida de setas. Estará guiada polo micólogo José Luís Cuba con saída dende o centro cultural. Para esta actividade é necesario levar cesto, navalla e o almorzo.

O domingo será o tempo dos obradoiros, entre as 12.30 e as 14.00 horas. Este estará a cargo de Antonio Díaz e consistirá nunha análise e coñecemento dos cogomelos comestibles máis comúns en Galicia, os seus métodos de conservación e receitas básicas.

A sesión será de balde para socios e terá un custe de 15 euros para os non socios. Hai 20 prazas polo que será necesario reservar.

0.12172508239746