O centro de día de Abadín realiza a primeira excursión trala pandemia

TerraChaXa
Un grupo de persoas usuarias do centro de día de Abadín realizou a súa primeira excursión tras a pandemia en Muimenta.
museozocas4
17 Xul 2021

Un grupo de persoas usuarias do centro de día de Abadín realizou a súa primeira excursión tras a pandemia. Visitaron a vella escola do campo da Igrexa de Muimenta, un espazo cheo de lembranzas da nenez e de cultura popular. "Sentamos nos pupitres observando a pizarra e pizarrillo, os cadros con pergaminos e mapas de España, os silabarios, enciclopedias e outros libros antigos", explicaron.

Tamén visitaron o museo etnográfico das zocas, onde observaron os nomes de todas as ferramentas utilizadas neste laborioso e recoñecido oficio. "Sorprendeunos a fila de diversas madreñas e a conservación dun carro antigo. Tamén os paneis coas fotografías dos encontros anuais dos xogos tradicionais", contaron.

0.17802309989929