O Centro de Día de Baamonde acolle este mércores unha sesión de cine aberta ao público

TerraChaXa
A actividade comezará ás 11.45 horas coa proxección da película 'Todo es posible en Granada'
cine-begonte-centro-de-dia
27 Oct 2026

O Centro de Día de Begonte, situado en Baamonde, organizará o vindeiro mércores, 28 de outubro, unha sesión de cine aberta á veciñanza. A actividade comezará ás 11.45 horas coa proxección da película Todo es posible en Granada, protagonizada por Manolo Escobar.

A iniciativa desenvolverase nas instalacións do centro, xunto coas persoas usuarias, co obxectivo de favorecer a integración do centro na comunidade e, ao mesmo tempo, achegar a veciñanza ao día a día das persoas maiores.

A actividade será gratuíta e estará aberta a todas as persoas que desexen participar. Porén, será necesario realizar unha inscrición previa chamando aos teléfonos 982 398 004 ou 687 056 194.

Esta proposta busca ofrecer unha mañá de lecer compartido a través do cine, promovendo a convivencia e a participación social.

0.13394403457642