O Centro de Día de Begonte organiza o mércores unha sesión de Escola de Coidadores sobre Parkinson

TerraChaXa
Terá lugar pola tarde, ás 16. 00 horas, na Casa da Cultura de Begonte, é a formación será impartida por Doris Lemus, terapeuta na Asociación de Parkinson de Lugo
mans-anciá-maior
20 Oct 2026

O Centro de Día de Begonte organiza este mércores 21 de outubro unha nova sesión da Escola de Coidadores. A xornada levará por título Conversemos sobre o parkinson, onde se abordarán os beneficios da actividade física en persoas con Parkinson.

Terá lugar pola tarde, ás 16. 00 horas, na Casa da Cultura de Begonte, é a formación será impartida por Doris Lemus, terapeuta na Asociación de Parkinson de Lugo.

Para máis información ou para inscribirse, é preciso chamar aos teléfonos 687 056 194 ou 982 398 004.

0.15409708023071