O Centro de Día de Begonte organiza unha nova sesión de cine aberta á comunidade o luns

TerraChaXa
A proxección terá lugar ás 11:45 horas nas propias instalacións do centro e incluirá o visionado do filme 'Sor Citroen'
cine-begonte
17 May 2026

O Centro de Día de Begonte, situado en Baamonde, celebrará o luns, 18 de maio, unha sesión de cine aberta á participación da veciñanza, nunha iniciativa que busca reforzar os vínculos entre as persoas usuarias do centro e a comunidade.

A proxección terá lugar ás 11:45 horas nas propias instalacións do centro e incluirá o visionado do filme Sor Citroen, protagonizada por Gracita Morales, unha comedia clásica.

A actividade desenvolverase xunto ás persoas usuarias do centro, co obxectivo de fomentar a integración social e promover espazos de encontro interxeracional, favorecendo así unha maior interacción entre o centro e o seu contorno.

A asistencia será gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas, aínda que será preciso realizar inscrición previa a través dos teléfonos 982 39 80 04 ou 687 05 61 94, segundo informa a organización.

0.11714196205139