O Centro de Día de Begonte organiza unha sesión de billarda aberta a toda a comunidade

TerraChaXa
A actividade, en colaboración coa Asociación Cultural Castiñeiro Milenario, celebrarase o mércores no parque público de Baamonde
Billarda-Friol-4-xornada-liga-2025-Chousa
20 Sep 2026

O Centro de Día de Begonte, en colaboración coa Asociación Cultural Castiñeiro Milenario, organizará o mércores, 23 de setembro, unha sesión de billarda aberta a toda a comunidade. A actividade terá lugar a partir das 16.00 horas no parque público de Baamonde, situado xunto ao centro.

A iniciativa pretende achegar esta modalidade tradicional á veciñanza e ofrecer unha tarde de convivencia e diversión para persoas de todas as idades. A participación será gratuíta, polo que calquera persoa interesada poderá sumarse á actividade.

Para participar será necesario realizar unha inscrición previa a través dos teléfonos 982 39 80 04 ou 687 05 61 94.

0.15980982780457