O centro de día de Cospeito acolle hoxe un recital poético de Martiño Maseda

TerraChaXa
O centro de día de Cospeito acolle hoxe un recital poético de Martiño Maseda con motivo da celebración do Día da Poesía
recital poetico martino maseda cospeito portada
recital poetico martino maseda cospeito portada
21 Mar 2023

O centro de día de Cospeito acolle hoxe unha actividade con motivo da celebración do Día da Poesía, organizada pola Rede de Centros de Atención aos maiores da Xunta.

Así, o poeta Martiño Maseda fará un recital de poemas co acompañamento musical de Luís Teixeiro.

Será no centro a partir das 16.00 horas e estará aberto ao resto da veciñanza.

Trátase dunha acción de animación ao colectivo de maiores que son usuarios deste centro.

recital poetico martino maseda cospeito
0.18311190605164