O centro de interpretación da Mina acolle unha mostra sobre arquitecturas

TerraChaXa
O Centro de Interpretación A Mina acollerá a partir do día 10 de xaneiro a exposición Arquitecturas Desaparecidas, comisariada por Cristina Souto Pita; veciña das Pontes e estudante de Grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
5 Jan 2024

O Centro de Interpretación A Mina acollerá a partir do día 10 de xaneiro a exposición Arquitecturas Desaparecidas, comisariada por Cristina Souto Pita; veciña das Pontes e estudante de Grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

A mostra, froito dunha selección das fotografías que conforman as memorias da Empresa Nacional Calvo Sotelo ten como obxectivo complementar os contidos do Centro de Interpretación que o Concello das Pontes ten nas antigas instalacións da Casa da Enerxía e amosarlle aos visitantes, desde outra perspectiva, o patrimonio industrial que enriquece e define a vila.

Trátase dunha escolma de fotografías das diferentes edificacións que conformaron o complexo industrial da empresa Calvo Sotelo nas Pontes e “das que, debido á práctica xeneralizada de demoler este tipo de edificacións ante os cambios na explotación das fontes de enerxía, apenas quedan vestixios. Esta mostra quere actuar como testemuña dun tipo de produción industrial, dun modelo arquitectónico pero tamén dun sistema de mercado que marcou as pautas do século pasado” apunta Cristina Pita.

A exposición, posta en marcha coa colaboración da Asociación de Estudos Históricos e Sociais ponteses HUME, depositarios das fotografías e planos que se amosan na mesma, está conformada por un total de 10 paneis informativos nos que se empregan caixas de cartón e chalotas como soporte, para introducir os contidos históricos na liña discursiva do arte contemporáneo, e establecer un rompedor diálogo entre a estética antiga das fotografías e planos analóxicos e o innovador display dos contidos, aos que se engaden reconstrucións dos edificios con tecnoloxía dixital.

A mostra poderá visitarse, a partir do día 9 de xaneiro, no Centro de Interpretación a Mina, os martes, mércores e sábados, de 10:00 a 13:00 e os xoves e venres, en horario vespertino, de 16:00 a 19:00 horas.

0.16263604164124