O centro de saúde das Pontes conta xa cunha segunda pediatra

TerraChaXa
O centro de saúde das Pontes conta xa cunha segunda pediatra para dar cobertura sanitaria as 1.073 tarxetas sanitarias de menores de 14 anos.
pediatra nenos
5 Maio 2021

O centro de saúde das Pontes conta, desde a semana pasada, cunha segunda pediatra, que se une á titular previa, para dar cobertura sanitaria as 1.073 tarxetas sanitarias de menores de 14 anos.

Esta información foi anunciada polo  xerente do Sergas, Jose Flores Arias, e o director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, durante unha visita realizada onte ao centro de saúde pontés na que estiveron acompañados polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, varios integrantes da corporación municipal e polo xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio.

Desde o Concello amosan a satisfacción pola cobertura da segunda praza de pediatría, vacante desde había máis dun ano xa que se “da resposta a unha reclamación da veciñanza e da corporación municipal e permitirá garantir que os nenos e nenas da vila teña acceso a unha atención sanitaria de calidade”

Neste encontro tamén se comunicou o nomeamento do facultativo Pablo Pérez Hermida como novo responsable do centro sanitario de saúde das Pontes que da cobertura sanitaria a máis de 12.800 tarxetas e na que prestan servizos 43 profesionais, tanto no propio centro de saúde como no Punto de Atención Continuada. 

Este nomeamento responde á decisión do Servizo Galego de Saúde de converter o centro de saúde de As Pontes nun centro de referencia no ámbito da saúde sociocomunitaria, a través da implantación de proxectos de intervención comunitaria desde o servizo de atención primaria, mediante plans locais de saúde. 

0.1550829410553