O Centro Dramático Galego actúa en Friol este sábado

Este sábado 24 de agosto ás 19:00 horas vivirase unha noite máxica no parque Rosalía de Castro, en Friol, coa obra De Vilatriste a Vilalegre, unha produción especial do Centro Dramático Galego en colaboración con Teatro Ó Cubo.
Baixo a dirección de Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño, e cun guión orixinal de Roi Vidal Ponche, esta obra é un espectáculo para non perdese. Conta coas actuacións de Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño, quen darán vida a esta divertida e emotiva historia.
Ademais, esta presentación forma parte da xira polo 40º aniversario do Centro Dramático Galego, que está a percorrer máis de 100 concellos galegos.
Trátase dunha sesión de balde ao aire libre apta para todos os públicos.