O Centro Dramático Galego actúa en Friol este sábado

LugoXa | TerraChaXa
Esta presentación forma parte da xira polo 40º aniversario da entidade, que está a percorrer máis de 100 concellos galegos
teatro-centro-dramatico-galego
Cartel e unha imaxe da obra
22 Ago 2024

Este sábado 24 de agosto ás 19:00 horas vivirase unha noite máxica no parque Rosalía de Castro, en Friol, coa obra De Vilatriste a Vilalegre, unha produción especial do Centro Dramático Galego en colaboración con Teatro Ó Cubo.

Baixo a dirección de Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño, e cun guión orixinal de Roi Vidal Ponche, esta obra é un espectáculo para non perdese. Conta coas actuacións de Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño, quen darán vida a esta divertida e emotiva historia.

Ademais, esta presentación forma parte da xira polo 40º aniversario do Centro Dramático Galego, que está a percorrer máis de 100 concellos galegos.

Trátase dunha sesión de balde ao aire libre apta para todos os públicos.

0.20072317123413