O centro sociocomunitario de Vilalba comeza unha actividade anual

TerraChaXa
Na programación prevista tamén figuran actividades de estimulación cognitiva; talleres de manexo de móbiles dirixidos a persoas xubiladas.
ximnasia mantemento maiores 1
5 Nov 2021

O centro sociocomunitario de Vilalba presentou unha nova actividade, Exercita o teu corpo, á que asistirán entre outubro e xuño arredor de 60 persoas maiores da capital chairega e doutros concellos da comarca. As clases desenvolveranse por grupos no pavillón municipal e, ademais de facer exercicio, impartiranse nocións sobre hábitos de vida e alimentación saudables.

Na programación prevista tamén figuran actividades de estimulación cognitiva; talleres de manexo de móbiles dirixidos a persoas xubiladas; cursos para aprender a facer trámites por internet e realizar videochamadas e clases de encaixe de bolillos, entre outras.

O centro, dependente da Consellería de Política Social, ofrece así mesmo terapia ocupacional e outros servizos con moita demanda como podoloxía e rehabilitación. Dispón dunha aula de informática con acceso a internet, biblioteca, sala de usos múltiples, ximnasio e cafetería con cociña e comedor.

Arias puxo en valor que os centros sociocomunitarios “son recursos de proximidade que ofrecen ás persoas de calquera idade a posibilidade de socializar e participar en actividades moi diversas nunhas instalacións axeitadas”. Ao respecto, lembrou que a Consellería investiu nos últimos anos máis de 33.000 euros en obras como o acondicionamento da cafetería.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18278098106384