O Cercud de Baamonde organiza unha excursión a Cervo
TerraChaXa
A primeira visita será en Lugo ao Centro de Interpretación Terras do Miño
8 sep 2024
O Cercud de Baamonde organiza unha excursión a Cervo para o próximo 19 de setembro. Esta dará comezo ás 9.10 horas desde a praza de Baamonde.
A primeira visita será en Lugo ao Centro de Interpretación Terras do Miño da Deputación provincial para seguir viaxe a Cervo para visitar a fábrica de Sargadelos.
Pola tarde está prevista unha sesión no Museo do Mar para ver despois a escultura da Maruxaina na praia do Torno e o Faro de Punta de Atalaia en San Cibrao.
Como só hai 23 prazas recoméndase anotarse cedo. A viaxe inclúe transporte, póliza de seguros, entradas e menú de xantar.