O Cercud pon en valor os traballos realizados na área recreativa

TerraChaXa
Fixo esta declaración aproveitando a celebración do Día Internacional das Reservas da Biosfera
cercud-de-baamonde
3 Nov 2024

O Cercud de Baamonde aproveitou a celebración Día Internacional das Reservas da Biosfera da Unesco, que se celebra este domingo 3 de novembro, par poñer en valor as actuacións realizadas nas Reserva da Biosfera Terras do Miño en Baamonde, co apoio Deputación de Lugo.

Nesta área recreativa realizouse a poda de redución de copa e saneamento de masa vexetal, así como o arranxo de vallas de madeira.

Tamén fíxose unha nova edición da limpeza simultánea do río na campaña Móllate polos ríos. Nela foron retirados 85 kg de lixo, "se ben o máis importante deste día foi o labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. As pequenas accións valen moito", explican desde a directiva da entidade.

Por último, tamén se fixeron paneis informativos para a futura posta en marcha do Centro de Interpretación Muíño do Pan de Baamonde.

0.16744685173035