O cervense Francisco Fraga cumpriu 103 anos
TerraChaXa | AMariñaXa
O veciño de Cervo, Francisco Fraga, cumpriu 103 anos. Un día no que o rexedor, Alfonso Villares, achegouse para felicitar ao "avó de Cervo".
![Terraza](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2020/05/Terraza-1.jpg)
Terraza
3 Nov 2020
O veciño de Cervo, Francisco Fraga, Paco, vén de cumprir 103 anos. Un día no que o rexedor, Alfonso Villares, achegouse ata a parroquia de Rúa, para felicitar ao "avó de Cervo".
"É un enorme pracer poder compartir un ano máis uns intres con Paco que sempre nos sorprende con historias e anécdotas que transmite cun entusiasmo que contaxia", precisou o rexedor cervense. "Parabéns a toda a súa familia tamén por poder seguir acumulando momentos tan especiais xuntos", engadiu.