O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de '360 curvas'

TerraChaXa
A programación continuará este mércores, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura
360-curvas-mestre-mateo
4 Aug 2026

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 5 de agosto, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film 360 curvas, dirixido por Ariadna Silva e Alejandro Gándara.

360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente, entre montañas, reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia.

Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.

0.098867177963257