O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de 'As liñas discontinuas'

TerraChaXa
A programación continuará este mércores, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura
as-linas-discontinuas
23 Jun 2026

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 24 de xuño, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film As liñas discontinuas, dirixido por Anxos Fazáns.

Bea é unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.

Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo recupera unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.

0.12096214294434