O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de 'Deuses de Pedra'

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 1 de xullo, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film Deuses de Pedra, dirixido por Iván Castiñeiras.
Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través das ensinanzas da súa mestra nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Os contos infantís mestúranse coas lendas e historias que aínda habitan o lugar. Entre relato e relato, Mariana medra e aos seus dezasete anos confróntase a unha importante decisión, partir da súa aldea, separarse da súa nai para ir estudar ao estranxeiro.
Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo recupera unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.