O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de 'O silencia herdado'

TerraChaXa
A programación continuará este mércores, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura
o-silencio-herdado
21 Jul 2026

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 22 de xullo, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film O silencio herdado, dirixido por Lucía Dapena.

Lucía (27) achégase á súa avoa Edilia (86) buscando respostas, pero só atopa silencio. O silencio de Edilia é longo, de raíces profundas. Un silencio escuro, doloroso, imposible de romper. Cando Lucía entende que Edilia nunca lle dará as respostas que busca, decidirá mirar ese silencio, escoitalo con paciencia e determinación, tratando de comprendelo. Edilia, tal vez querendo, tal vez sen querer, acompañaraa. Xuntas exploran os límites da palabra e da imaxe, facendo dese silencio o seu lugar de encontro.

Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.

0.12931704521179