O Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa en Meira coa proxección de 'Sirat'

Meira continúa ser un punto de encontro para o cinema galego coa celebración dunha nova edición do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, organizado pola Asociación Cultural M de Meira. A programación continuará este mércores 29 de xullo, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura coa proxección do film Sirat, dirixido por Óliver Laxe.
Un home e o seu fillo chegan a unha rave perdida en Marrocos. Buscan a Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer. Reparten a súa foto unha e outra vez, arrodeados de música electrónica e dun tipo de liberdade que descoñecen. Coñecen un grupo de raveiros e deciden seguilos a unha última festa que se celebrará no deserto, onde agardan atopar a moza desaparecida.
Con esta nova sesión, o Ciclo de Cinema Mestre Mateo continúa unha cita xa consolidada en Meira, achegando ao público local unha selección de producións galegas recoñecidas pola súa calidade e relevancia cultural.