O Ciclo de Teatro Afeccionado da Deputación leva o espectáculo 'Ciencia Malabar' a Parga

TerraChaXa
A representación terá lugar no CEIP Santo Estrevo de Parga e estará dirixida a todos os públicos
teatro-ciencia-malabar
5 Nov 2026

O Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa achegando novas propostas escénicas aos concellos da provincia. Nesta ocasión, o espectáculo Ciencia Malabar, da compañía Fraga dos Mouros, chegará a Parga o vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 20.00 horas.

A representación terá lugar no CEIP Santo Estrevo de Parga e estará dirixida a todos os públicos, cunha proposta pensada especialmente para gozar en familia.

Ciencia Malabar combina teatro, humor e divulgación científica nunha viaxe arredor do método científico, na que a experiencia se converte na principal ferramenta para adquirir coñecementos.

A obra presenta un profesor de ciencias algo torpe e despistado que, nun desafío constante contra a gravidade, crea unha aula improvisada na que pon a proba as leis do movemento a través dos malabares. Os lanzamentos convértense así no fío condutor dunha experiencia na que o público tamén participa, transformándose por momentos en alumnado espontáneo.

Con esta iniciativa, o Ciclo de Teatro Afeccionado continúa levando as artes escénicas a diferentes puntos da provincia e ofrecendo propostas culturais para públicos de todas as idades.

0.17326998710632