O CIM de Mondoñedo organiza un concurso de debuxo e de relatos curtos polo 8M

TerraChaXa | AMariñaXa
O CIM de Mondoñedo recupera este ano o seu tradicional concurso Debuxando en Igualdade, dirixido ao alumnado
cim mondoñedo 2024 concurso igualdade_0
cim mondoñedo 2024 concurso igualdade_0
3 Feb 2024

O Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo organiza concursos de debuxo e de relatos curtos con motivo do 8 de marzo, Día da Muller. Os traballos poden presentarse ata o día 1 de marzo.

O CIM mindoniense anuncia: “xa temos o 8M ás portas e, como cada ano, queremos convidar ao alumnado dos centros de primaria e secundaria de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto a participar no concurso Debuxando en Igualdade. Ademais, este ano temos unha novidade: o concurso de relatos curtos “Letras para a Igualdade”. As bases poden consultarse tanto nos centros educativos como nas oficinas e nas redes sociais do CIM.

Esta actividade está financiada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero”.

0.18841600418091