O CIN de Fonmiñá acollerá una exposición de xogos tradicionais

TerraChaXa
O centro poderá visitarse libremente os martes, xoves e sábados, de 10.00 a 14.00 horas
exposicion-de-xogos-tradicionais
Cartel
7 Ago 2024

O CIN de Fonmiñá, na Pastoriza, acolle unha exposición de xogos tradicionais ata o 18 de agosto, da man de Mario Saavedra.

O CIN foi concibido para albergar un centro versátil que se utilizará, segundo os casos, aula da natureza, espazo de lectura, lugar de contemplación, museo. En consecuencia, interiormente será un espazo polivalente, pouco compartimentado, con fácil adaptación ás distintas necesidades de exposición ou actividades que vaian xurdindo co tempo e que se irán definindo co mesmo.

O centro poderá visitarse libremente os martes, xoves e sábados, de 10.00 a 14.00 horas. Despois, para calquera información ou reservas para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

 

0.16442394256592