O Cine Alovi das Pontes recibe unha axuda para a súa modernización

TerraChaXa
Unha das entidades beneficiadas polas axudas da Xunta de Galicia, foi o Cinema Alovi das Pontes, que recibirá 25.614 euros.
alovi as pontes
8 Maio 2022

Entidades xestoras de espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, tanto privadas como integrantes de administracións locais, víronse beneficiadas das subvencións convocadas pola Xunta de Galicia para a modernización e xestión sostible das infraestruturas de artes escénicas e musicais.

A estas instalacións destínanse 1,2 millóns de euros na mellora de 46 teatros, auditorios e salas da comunidade galega, 26 deles privados e 20 de titularidade pública.

Unha das entidades beneficiadas foi o Cinema Alovi das Pontes, que recibirá 25.614 euros.

Trátase da primeira quenda de concesións no marco do programa de apoio extraordinario, que terá continuidade cunha segunda convocatoria a finais de ano. Son axudas xestionadas desde o departamento de Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation.

A maior parte dos proxectos subvencionados céntranse na renovación ou instalación de equipos dixitais de iluminación, vídeo e son, así como no reacondicionamiento da caixa escénica ou na mellora dos sistemas de climatización, entre outras accións, que deben levar a cabo antes de que finalice 2022. As axudas tamén buscan a mellora das condicións de traballo do persoal técnico e artístico, así como reforzar a calidade na exhibición dos espectáculos.

0.19257307052612