O cine de estrea continúa este mes nas Pontes

TerraChaXa
O cine de estrea continúa en marzo nas Pontes cunha carteleira os sábados e domingo con películas para todos os públicos e para maiores.
cine marzo as pontes portada
cine marzo as pontes portada
3 Mar 2023

O cine de estrea continúa este mes de marzo nas Pontes. A programación abrirase este sábado 4  coa proxección, ás 17.00 horas, do filme para público infantil Momias, que volverá a proxectarse o domingo, á mesma hora. Ademais, para adultos, o sábado, ás 19.30 e ás 22.00 horas será a quenda para a proxección do filme El piloto que tamén se poderá ver o domingo, ás 19:30 horas.

Cos mesmos horarios proxectarase na fin de semana seguinte, 11 e 12 de febreiro, El chico león, para todos os públicos e Los Fabelman para adultos.

A continuación, a fin de semana do 18 e 19 será a quenda de King, mi pequeño rei, que poderá verse o sábado e o domingo ás 17.00 horas. Para adultos, co mesmo horario de 19.30 os dous días e ás 22.00 horas o sábado, proxectarase Irati.

As entradas está á venda en neste enlace.

cine marzo as pontes
0.17348694801331