O cine na rúa chega á Pastoriza con 'Live is life'

TerraChaXa
O programa de Cine na Rúa chega á Pastoriza coa proxección este sábado, 30 de xullo, ás 22.30 horas, na praza da Concello de Live is life.
live is life
live is life
26 Xul 2022

O programa de Cine na Rúa chega á Pastoriza cunha nova proxección. Este sábado, 30 de xullo, ás 22.30 horas, na praza da Concello proxectarase Live is life, a última película do director monfortino Dani de la Torre, estreada recentemente nos cines. O filme, con guión de Albert Espinosa, rodouse maioritariamente na Ribeira Sacra.

Verán do 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escaparse a noite de San Xoán na procura dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, medra no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade. Porque o seu único desexo agora é resolver o problema do seu amigo en apertos, e con iso poder seguir xuntos.

0.18422102928162