O cine na rúa continúa en Folgoso e Outeiro de Rei esta fin de semana

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa esta fin de semana con dúas novas proxeccións en galego.
cunados cine na rua castro amigos da feira
cunados cine na rua castro amigos da feira
2 sep 2022

O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa esta fin de semana con dúas novas proxeccións en galego.

En Seceda, en Folgoso do Courel, poderán desfrutar do filme de animación Bella e o circo máxico o sábado 3 de setembro ás 21.00 horas.  Ese mesmo día, ás 21.45 horas, no campo da festa de Vicinte, en Outeiro de Rei, a veciñanza poderá ver a película Cuñados.

As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas. Así, nestes días realizáronse sesións ao aire libre en Navia de Suarna, Láncara, Ferreira do Valadouro, Tuiriz (Pantón), Taboada, Castro de Carballedo, Meira, Cervantes, Lourenza, Abadín, A Fonsagrada, Vilalba, Escairòn, Cela (O Corgo), A Pastoriza, O Incio e Burela.

O ciclo continuará con novas datas ao longo do mes de setembro

0.186203956604