O cine na rúa continúa na Pastoriza con 'María Solinha'

TerraChaXa
O programa de Cine na Rúa chega á Pastoriza coa proxección este venres, 5 de agosto, ás 22.30 horas, na praza da Bretoña de María Solinha.
cine na rua bretona maria solinha portada
cine na rua bretona maria solinha portada
2 Ago 2022

O programa de Cine na Rúa continuará na Pastoriza cunha nova proxección. Este venres, 5 de agosto, ás 22.30 horas, na praza de Bretoña proxectarase María Solinha, un film de Ignacio Vilar.

Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

0.18173718452454