O Club Atletismo de Guitiriz celebra a súa II Gala para recoñecer aos seus deportistas

O Club Atletismo de Guitiriz celebrará o vindeiro 17 de outubro a súa II Gala do Club, un encontro no que se porán en valor os resultados e o traballo desenvolvido polos seus atletas ao longo da tempada.
A celebración terá lugar no restaurante A Casilla e servirá tamén para entregar diferentes distincións e recoñecementos aos deportistas do club.
Entre as distincións de 2026 figuran Valentina, Marta, Lola, Diego, Naia, Arón, Paulo e Luis. Tamén recibirán un recoñecemento as integrantes do equipo infantil feminino de cros, formado por Lía, Sofía, Xiana, Aldara, Noa e Lauri, así como os equipos de relevos mixtos compostos por Thiago, Marta, Rober e Niko, e por Noa, Lauri, Arón e Rodrigo.
A gala incluirá ademais recoñecementos aos atletas destacados, entre os que se atopan Olalla, Rodri, Álex, Niko, Thiago e Lauri. Na categoría base, os premios aos mellores atletas serán para Noa e Rober, mentres que Suso López será distinguido como mellor atleta na categoría absoluta.
O Premio á Superación recaerá en Óliver, nun acto co que o Club Atletismo de Guitiriz pretende recoñecer tanto os logros deportivos como o esforzo e a evolución dos seus integrantes.
Baixo o lema Xuntos facendo grande o atletismo, a entidade reunirá atletas, familias e persoas vinculadas ao club nunha xornada destinada a celebrar o presente e o futuro do atletismo en Guitiriz.