O Club Baloncesto As Pontes abre as inscricións para a XVII edición do seu Campus de Verán

O Club Baloncesto As Pontes xa ten abertas as inscricións para a XVII edición do seu Campus de Verán, unha actividade dirixida a nenos, nenas e mocidade que combina a práctica do baloncesto con actividades ao aire libre, piscina, xogos e outras propostas de lecer durante as vacacións estivais.
O campus desenvolverase entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, en horario de 10.00 a 18.00 horas, e está destinado a participantes de entre 8 e 18 anos.
Como principal novidade desta edición, a organización incorpora un grupo específico para os máis pequenos, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 7 anos. Neste caso, as actividades celebraranse en horario de 10.30 a 13.30 horas.
As prazas son limitadas, polo que desde o club recomendan realizar a inscrición canto antes. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través dos teléfonos 619 831 897 e 684 138 414.