O club de lectura Entre Liñas organiza unha conversa coa escritora María Rei

TerraChaXa
O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Xosé Luís Vázquez Somoza o visitará.
fogar de maeloc entrelinas portada
30 Nov 2023

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza retoma as xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, María Rei visitará o club.

Será este sábado 2 de decembro, ás 20.30 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escritora de Flores de Ferro.

O libro recibiu o premio García Barros 2020. Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.

fogar de maeloc entrelinas
0.16833996772766