O Club de Lectura Entre Liñas recupera as xuntanzas con escritores

TerraChaXa
Falará con Ledicia Costas, autora de 'Pel de Cordeiro' este venres
ledica-costas-pel-de-cordeiro-entre-linas
12 sep 2024

O Hábital Cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, volverá acoller as actividades do Club de Lectura Entre Liñas, que retoman os encontros con autores.

Así, está prevista este venres unha xuntanza con Ledicia Costas, autora de Pel de Cordeiro. Será ás 20.30 horas con entrada libre.

Trátasre dunha novela hipnótica, que explora ou erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas.

Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

O obxectivo do club é fomentar a lectura coma unha ferramenta para comprender ideas, aprender a relacionarse e establecer un pensamento crítico.

0.17929291725159