O Club de Loita de Vilalba contará cun 2º adestrador para os seus deportistas de excelencia

TerraChaXa
O Deputado pola Comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, mantivo un encontro cos deportistas do Club de Loitas de Vilalba para coñecer de primeira man os resultados da colaboración do Executivo Provincial con esta entidade.
LOITAS VILALBA (1)
25 Feb 2019

O Deputado pola Comarca da Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, mantivo un encontro cos deportistas do Club de Loitas de Vilalba para coñecer de primeira man os resultados da colaboración do Executivo Provincial con esta entidade. No acto tamén participaron o Presidente do Club, Juan Carlos Quintana Domínguez, e o Director Técnico, Iván Castro. Vidal Baamonde avanzou que “asinamos un novo convenio co Club de Loita por valor de 7.000 euros, que axudará á entidade a sufragar os gastos da temporada, permitíndolles ter un adestrador a tempo completo que adapte os seus horarios aos deportistas de alto nivel que precisan ata dous adestramentos diarios”.

O club de Loitas de Vilalba conta con máis de 200 deportistas nas súas filas, dividíndose en todas as categorías: desde escolas deportivas e de base, na que participan uns 140 rapaces en idade escolar, ata a alta competición, na que destacan José Cuba, en sénior; Carlos Yobani García, como júnior; e Ramón Monasterio, en Sub-23. Ambos contarán co adestramento adicional, cun instrutor de gran prestixio internacional.

Vidal Baamonde explicou que “esta achega é unha gran aportación para este club, pois os seus deportistas, tamén os de máis alto nivel, adestran desde a nosa provincia, dándolle prestixio e levando o nome de Vilalba e de Lugo ata as máis altas competicións de Loita Olímpica”.

Entre os deportistas do club atópanse o 14 veces campión de España sénior, José Cuba, que intentará participar nos Xogos Olímpicos de Tokio; Carlos Yobani García, dúas veces campión de España júnior, e unha das mellores opcións do equipo español para conseguir medalla no campionato europeo deste verán; e Ramón Monasterio, recentemente campión de España Sub-23; estes deportistas tamén reciben unha bolsa do Goberno da Deputación.

0.18715786933899