O Club Loitas Olímpicas Vilalba remata terceiro na final da Liga de Deporte Base

TerraChaXa
O club pecha a competición máis lúdica das categorías inferiores, aínda que varios dos seus deportistas continuarán participando noutras probas nas próximas semanas
loita-vilalba-galego-de-base
18 May 2026

O Club Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana participou este sábado na final da Liga de Deporte Base, celebrada no pavillón municipal de Oira, en Ourense, onde acadou a terceira posición da Liga A.

A escola vilalbesa desprazouse á competición con 17 deportistas e conseguiu subir ao podio final por detrás do Keltoi de Vila de Cruces, primeiro clasificado, e do San Ignacio de Vigo, que rematou na segunda posición.

Con esta cita, o club pecha a competición máis lúdica das categorías inferiores, aínda que varios dos seus deportistas continuarán participando noutras probas nas próximas semanas.

A seguinte cita será o Campionato de España U13, que se celebrará a próxima fin de semana en Sevilla e no que o Club Loitas Olímpicas Vilalba contará coa participación de dous loitadores e dúas loitadoras.

0.1279890537262