O Club Violeta faise con dúas medallas de ouro no Campionato Galego

TerraChaXa
O Club Violeta logrou un dobrete no Campionato Galego de ximnasia rítmica ao facerse coa medalla de ouro na categoría máster.
20 Jun 2019

O Club Violeta logrou un dobrete no Campionato Galego de ximnasia rítmica ao facerse coa medalla de ouro na categoría máster. O conxunto formado polas chairegas Judith Dobao, Tania Gayoso, Ana Vilela, Carla Sangiao e a luguesa Mariña Carricoba fixo un exercizo brillante que levantou ao público dos seus asentos.

A segunda medalla foi a que obtivo a vilalbesa Tania Gayoso no seu exercizo individual que volveu encantar coa súa execución.

O Club Violeta formouse no ano 1993 en Baamonde, Lugo con nenas de diversas idades e de diversos lugares. Ao longo de lestes anos o Club Violeta conseguiu grandes logros, entre os que destacan a súa clasificación en 10 ocasións para o campionato de España e moitos títulos a nivel autonómico.

O Club Violeta dispón de nenas que compiten a nivel escolar, promoción, base e federado en cada unha das categorías. As súas adestradoras son Ana e Yaiza.

0.17619180679321