O colexio Santo Anxo pasará a chamarse Mestre José Rábade Arias

TerraChaXa
O colexio Santo Anxo de Rábade pasará a chamarse Mestre José Rábade Arias, como homenaxe a o ex docente falecido no 2016.
xunta_goberno_xuno_01_0
xunta_goberno_xuno_01_0
27 Nov 2018

O colexio Santo Anxo de Rábade pasará a chamarse Mestre José Rábade Arias, como homenaxe a o ex docente falecido no 2016.

O DOG publicou a autorización para o cambio de nome que entrou en vigor  o día 14 de novembro, aínda que a proposta foi feita a principios do curso pasado polos mestres do colexio e apoiada polos concelleiros municipais.

O nome tan só afectará ás instalacións do centro público educativo, non ao centro de menores, que seguirá conservando o nome de Santo Anxo.

José Rábade era natural de Saavedra, Begonte, pero exerceu a súa profesión durante moitos anos neste centro educativo. Posteriormente involucrouse en política e foi concelleiro de Seguridade Cidadá no Concello de Lugo e tamén responsable de diferentes departamentos na Concellería de Educación.

0.1735098361969