O comité de Alcoa apoia a concentración do sector da hostalaría

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao vén de comunicar o seu apoio á concentración do sector da hostalería.
11 Nov 2020

O comité de traballadores de Alcoa San Cibrao vén de comunicar o seu apoio á concentración do sector da hostalería que está programada para mañá xoves 12 de novembro.

Esta concentración será ás 11 horas diante dos concellos das difrentes localidades onde as asociacións hostaleiras teñan a súa convocatoria.

O persoal manterá a distacia d eseguridade, portará máscara e estará en grupos de 5 persoas máximo.

Por outra banda, acordouse que o vindeiro venres manterase unha reunión entre o servizo médico, HS e o comité para desbloquear e buscar unha saída definitiva a temas como: o número de salas ou comedores e a súa capacidade nos distintos departamentos, máscaras a usar e frecuencia do subministro por parte da empresa, apertura do comedor da fábrica, para o que tamén solicitan a presenza dun representante de Eurest, e medidas de seguridade suficientes para poder realizar calquer xestión no ordenador de uso común.

0.18190789222717