O comité de empresa de Alcoa anuncia o fin da folga si hai negociación

TerraChaXa | AMariñaXa
O comité de empresa anuncia o fin da folga si hai negociación. A empresa afirma que acutuou de boa fe e dentro da legalidade
18 Dec 2020

O comité de empresa de Alcoa pechou unha sesión plenaria con moita satisfacción por unha parte pola sentenza así como pola propio comunicado da empresa que asume polo momento a sentenza.

Así, os traballadores anunciaron que suspenderán a folga indefinida que mantén desde o 4 de outubro se a empresa senta a negociar co Goberno central e a Xunta, a través de a Sepi, unha solución definitiva para a planta de San Cibrao e que esta poda manter a totalidade da produción e dos postos de traballo.

Así mesmo indican que é necesaria unha negociación paralela cos sindicatos para a reactivación das cubas paradas e o rebrascaxe, ademais da contratación de todo o persoal que perdeu o seu posto de traballo pola finalización dos seus contratos durante o proceso.

ALCOA

A empresa, pola súa conta, fixo un comunicado no que insiste en que "actuou de boa fe e en pleno cumprimento da lei". Así mesmo, engade que deterá "os plans de redución da súa fundición de aluminio en San Cibrao", mentres "revisa a decisión xudicial relacionada co proceso de despedimento colectivo, que afecta a 524 traballadores da planta·.

En todo caso, tamén aclara que "a necesidade de reestruturación da fundición de San Cibrao persiste", como consecuencia de "problemas estruturais importantes e permanentes".

Ademais, lembra que por mor da folga indefinida convocada tanto na fundición de aluminio de San Cibrao como na refinería de alúmina, a compañía rexistrará un impacto negativo nos ingresos no cuarto trimestre de 2020 duns 10 millóns de dólares. Unhas perdas que, en todo caso, a empresa relaciona principalmente coa refinería.

0.18639993667603