O concelleiro socialista de Pastoriza Tino Fernández Leira dimite por motivos de saúde

O concelleiro socialista Constantino Fernández Leira oficializará esta mañá a súa dimisión como concelleiro e voceiro do grupo.
A súa saída da Corporación prodúcese por un tema persoal, concretamente unha enfermidade que lle obriga a afastarse da política local aínda que seguirá a ser membro do PSOE, segundo confirmou el mesmo a este medio.
O voceiro socialista, que ocupaba o segundo posto da listaxe socialista tras Primitivo Iglesias, e que foi membro do equipo de Goberno en lexislaturas anteriores, cede o seu lugar á seguinte persoa na lista, trala súa compañeira Montserrat Casanova Ónega. Rubén Carballal Gasalla sería ao que lle correspondería entrar na Corporación, pero aínda non existe confirmación oficial.
Tino Fernández Leira foi concelleiro de infraestruturas e voceiro dos socialistas en lexislaturas anteriores, nas que PSOE e BNG gobernaban en coalición tras sumar entre ambos 6 concelleiros (3 para cada uno), superando así ao PP, o partido máis votado, que ten 5. Ao final tralas elección do ano 2023 non houbo acordo entre as forzas de esquerdas e goberna Pastoriza o PP.