O Concello de Vilalba convoca catro prazas na Policía Local e dous de administrativo

TerraChaXa
O Concello de Vilalba sacará proximamente varias prazas dentro da Oferta Pública de Emprego.
16 Xan 2019

O Concello de Vilalba sacará proximamente varias prazas dentro da Oferta Pública de Emprego. En principio sacarán dúas, unha de técnico e outra de administrativo en oposición aberta para as que xa están preparando a convocatoria

Ademais, tamén sacarán as catro prazas de Policía Local, que se reparten en 3 de oposicion libre e 1 de mobilidade. Nesta última, no caso de que non se cubra acumularase á oferta libre.

Segundo explica o alcalde, a Policía de Vilalba conta con poucos efectivos, “tan só temos nove persoas, co cal é insuficiente, por eso agora pola noite só traballan as fins de semana, e incluso polo día non chegan. De feito, actualmente temos auxiliares provisionais nesas prazas que contamos que se presenten á oposición.

Na RPT temos que aumentar o numero de prazas disponibles, a idea é chegar aos 16 que había antes, aproximadamente poderías saír ao longo do verán.

0.17069005966187