O Concello da Pastoriza destinará máis de 240.000 euros do Plan Único para estradas

TerraChaXa
A Xunta de Goberno da Pastoriza aprobou a listaxe de obras que se financiarán con cargo ao Plan Único, que é de 326.821 euros.
concello pastoriza 2
17 Feb 2021

A Xunta de Goberno Local da Pastoriza aprobou a listaxe de obras que se financiarán con cargo ao Plan Único da Deputación, que para este Concello é de 326.821 euros.

Así, no capítulo de obras en estradas investiranse algo máis de 240.000 euros. Deles 66.187 irán concretamente para a obra de mellora dun tramo da rúa José Yáñez da Pastoriza. Así mesmo, 135.000 serán para a tradicional pavimentación de vías rurais. En arranxanr o acceso ao núcleo de Alvite, en Bretoña, destinaranse 43.562 euros.

Ademais de obras viais, o Concello investirá tamén en 23.447 euros na construción dunha balsa  contraincendios e para usos medioambientais en Vián e destinará 3.000 euros para a compra de mobiliario para o Centro de Interpretación de Bretoña, concretamente para a adquisición de vitrinas para expoñer os achados arqueolóxicos da escavación do castro de Saa.

Como complemento a estes investinentos, haberá un capítulo para gastos do Depuemprego e outro para o SAF, seguindo os parámetros de investimento de anos anteriores.

0.1648211479187