O Concello da Pastoriza inicia o luns o campamento de verán, que será gratuíto

TerraChaXa
Coma cada ano, o Concello da Pastoriza levará a cabo a posta en marcha do seu Campamento de Verán, do 3 ao 12 de xullo
campmento veran pastoriza portada
campmento veran pastoriza portada
29 jun 2023

Coma cada ano, o Concello da Pastoriza levará a cabo a posta en marcha do seu Campamento de Verán, do 3 ao 12 de xullo, este ano ca peculiaridade de que será gratuíto.

O seu obxectivo é cubrir as necesidades de conciliación das familias cos seus menores, ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa de ocio e práctica deportiva.

Os campamentos terán a súa base no pavillón da Pastoriza e contarán cun programa dirixido a nenos/as nados entre o 2007 e 2015. Contarán con actividades como xogos, piscina, saídas culturais, praia, aquapark de Cerceda e moita diversión.

Hai un límite de prazas de 50 e a inscrición xa está en marcha a través do teléfono 982 332 197 ou nos 607 787 590 ou 620 865 862.

campmento veran pastoriza